Para o control da contaminación química provocada por estes compostos, está implantada unha rede de mostraxe conformada por 65 puntos fixos, dos que 26 correspóndense con outras tantas bateas de cultivo de mexillón e os restantes están repartidos ó longo do litoral galego, tendo o mexillón de rocha como bioindicador
As mostraxes fanse, segundo os puntos dos que se trate, con carácter anual ou semestral, e a determinación analítica faise por cromatografía de gases e espectrometría de masas.
Os contaminantes analizados na Unidade son de orixe antropoxénico e son: os PCBs marcadores (PCBs, 31, 28, 52, 101, 118, 153, 105, 138, 156 e 180), os pesticidas organoclorados (a-HCH, g-HCH, HCB, aldrín, dieldrín, isodrín, endrín, transnonaclor, heptaclor, heptaclorepóxido, pp´-DDE, op'-DDT, pp´-DDD e pp´-DDT) e as dioxinas e furanos e PCBs similares a dioxinas
A Unidade de Organoclorados fai en torno ás 150 análises anuais.
Ver Lexislación aplicable