Ao descargar e usar a aplicación móbil Percegurú vostede manifesta que leu e acepta as condicións de uso e a política de privacidade. Recomendamos revisar periodicamente o contido das condicións de uso e da política de privacidade.
Condicións de uso e política de privacidade
A información elaborada a partir da actividade científica e técnica desenvolvida pola Consellería do Mar e Intecmar, acorde co progreso científico e tecnolóxico, é obxecto de propiedade intelectual e goza da protección recoñecida polo Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.
A obtención e elaboración da devandita información por parte da Consellería do Mar lévanse a cabo coa maior fiabilidade que posibilita o nivel tecnolóxico actual, provendo devandito servizo segundo os medios dispoñibles en cada momento.
A información divulgada a través destas aplicacións ofrécese gratuitamente á cidadanía para que poida ser utilizada libremente por ela, co único compromiso de mencionar expresamente a Intecmar e á Consellería do Mar da Xunta de Galicia como fonte da mesma cada vez que as utilice para os usos distintos do particular e privado.
A Consellería do Mar declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición da cidadanía a través das aplicacións.
A Consellería do Mar non garante a presentación da totalidade da información de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela.
Estas aplicacións móbiles non recollen datos persoais das persoas usuarias tales como datos identificativos ou de uso de ditas aplicacións que permitan identificar á persoa interesada.
Xestión dos permisos de localización
As aplicacións recollen datos relativos á localización do dispositivo, sempre e cando a persoa usuaria autorice o acceso a esta mediante a xestión dos permisos das aplicacións. A localización só é xestionada polas aplicacións dentro do dispositivo, sen que a información sexa facilitada á Consellería do Mar.
Con respecto á xestión destes permisos a persoa usuaria pode:
Permitir ou non que as aplicacións accedan á localización do dispositivo para poder amosar a predición dunha determinada localización, na aplicación de escritorio (widget), aínda que as aplicacións móbiles esten pechadas ou non esten en uso.
Escoller que as aplicacións accedan á localización:
sempre
soamente no momento en que vostede está a solicitar dita predición (só esta vez)
non permitir o acceso
Tamén pode configurar dito permiso de solicitude da localización nas aplicacións móbiles para que o acceso:
sexa permitido sempre
sexa permitido se a aplicación está en uso
sexa consultado sobre o permiso de cada vez
ou denegar sempre dito permiso