Accesibilidade       Mapa do portal       Atendémolo/a                   GALEGO       CASTELLANO     

Marco Normativo

  • Lei Galega da Acuicultura
    Desenvolveráse a redacción e aprobación dunha norma con rango de lei, específica para a industria dos cultivos mariños, que, entre outros obxectivos buscará outorgar a indispensable seguridade xurídica no proceso de consolidación e crecemento do sector; concentrar e reforzar a xestión integral do sector acuicultor na Consellería competente en materia pesqueira e de recursos mariños; remover os obstáculos inxustificados para o desenvolvemento eficiente e sostible do sector e, por último, sentar as bases para que poida alcanzar todo o seu potencial.

  • Decreto de ordenación dos parques de cultivo
    Prevese a elaboración dun decreto que extenderá o seu ámbito territorial de ordenación a tódolos parques de cultivo existentes na costa galega dentro da zona litoral intermareal e estará vinculado ó establecemento dun proceso de estudo e regularización, fundamentado estritamente en criterios técnicos, científicos e xurídicos, e no que se dea cabida ao sector afectado e se inclua explícitamente a participación e colaboración do departamento competente en materia de ordenación de costas.

  • Reforma da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia
    Abordarase a reforma legal desta normativa para establecer un marco de garantías que axude e afirme os pasos dados na execución da planificación dos aspectos produtivos e organizativos, así como para actualizar e consolidar a eficiencia interna destas entidades na procura de maior xeración de riqueza e emprego no ámbito marisqueiro da man da incorporación de tarefas de cultivo.

Ir a turismo de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia.
Suxestións e queixas | Atendémolo | Aviso legal | RSS