No ano 1992 creouse o Centro para o Control da Calidade do Medio Mariño de Galicia, que foi a orixe do actual INTECMAR.
Co gallo da celebración do 25 aniversario, o INTECMAR organiza unhas xornadas de portas abertas para que todos aqueles interesados en coñecer o funcionamiento do INTECMAR, poidan visitar as instalacións e ver como é o día a día nun centro que nestes 25 anos de vida, acadou unha gran proxección internacional así coma múltiples recoñecementos.
As xornadas están previstas para os dís: 30/11/2017, 11/01/2018, 18/01/2018 e 25/01/2018, a partires das 12:00 horas e podense ampliar segundo a demanda, cun máximo de 30 persoas por xornada.
Si está interesado en acudir, soamente ten que indicarnos o día que prefire, así coma o seu nome e un enderezo de correo electrónico ou un número de teléfono, para que poidamos poñernos en contacto con vostede.